O subcomité clínico da Consellería de Sanidade, na súa reunión deste venres para valorar a evolución de Covid en Galicia, anunciou que levanta as restricións ao concello de Ortigueira impostas o pasado 2 de outubro. Por aquel entonces o municipio contaba con máis de 20 casos, pero actualmente se atopa por debaixo de 7.
A directora de Saúde Pública da Xunta, Carmen Román, apuntou a que a situación na vila ortegana «mellorou drásticamente» e que «se podían levantar as medidas impostas con coa seguridade de non poñer en risco a saúde dos veciños e veciñas».
Polo tanto, deixan de ser efectivas as limitacións dos aforos ao 50% nos establecementos comerciais, de restauración e hostalería -onde ademais estaba prohibido o consumo en barra-, así como en bibliotecas, academias, autoescolas e centros privados de ensino non regrado entre outros.
Tamén deixa de ter efecto a limitación do número máximo de persoas nas reunións tanto privadas como na vía pública, que se fixara nun máximo de 10 persoas; así como a redución dos aforos en celebracións, velorios e lugares de culto.