A situación en Ortigueira en relación cos tres focos detectados de coronavirus segue a despertar preocupación entre a veciñanza. Nestes momentos hai sete veciños do municipio hospitalizados, dos que seis confirmáronse xa como casos positivos. Unha destas persoas está ingresada na UCI en situación estable, e o resto dos enfermos mantéñense tamén sen empeoramentos e, nalgún caso, mesmo con algunha melloría. Ademáis, onte faleceu outro veciño, que según informaron fontes municipais puido contaxiarse no estranxeiro.
O alcalde lamentou o retraso nos resultados das probas porque aínda hai varias persoas pendentes de saber se están infectadas e polo tanto é imposible determinar cal é a situación real de contaxio no municipio. De todas maneiras, considerou que a situación no día de onte e o de hoxe permiten certo optimismo porque non hai novas persoas que presenten síntomas do coronavirus.
O Concello continúa a realizar o seu labor coas tarefas de desinfección, sobre todo nos lugares onde apareceron os contaxios e equipando ao máximo ao persoal encargado de realizalas. Tamén está especialmente volcado na difusión de toda a información disponible e cumprindo escrupulosamente os cometidos que lle competen en función do decreto de estado de alarma.