Turismo de Galicia compromete o seu apoio ao Proxecto do Xeoparque do Cabo Ortegal

O grupo de traballo segue recabando apoios antes da presentación da súa candidatura ante a UNESCO o próximo 1 de abril.

Ortegal está cada vez vez máis cerca de obter o recoñecemento da UNESCO. O pasado mes de xaneiro a Deputación de A Coruña, quen acompaña aos municipios envoltos no proxecto do Xeoparque do Cabo Ortegal prácticamente desde o inicio, aprobou unha inversión de medio millón de euros para sacalo adiante.

Agora a Xunta de Galicia súmase a ese apoio a través da Dirección Xeral de Turismo, tal e como quedou patente nunha reunión celebrada este xoves entre a responsable do departamento, Nava Castro, e representantes dos concellos de Cerdido, Cedeira, Moeche, Ortigueira, San Sadurniño e Valdoviño, ademais do vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira.

O obxectivo da reunión era solicitar ó gobernó galego a carta de apoio á candidatura, e conseguir un maior compromiso a través da definición de accións concretas. Entre as posibilidades tratadas está a de incluir o logotipo de Cabo Ortegal nas actividades promocionais que desenvolva Turismo de Galicia relacionadas con este territorio.

Tal e como sinalou a presidenta de quenda do Consello de Dirección, Beatriz Bascoy, o encontro tamén serviu para alcanzar un acordo “de maior calado” que se materializaría coa sinatura dun convenio de cooperación cos sete municipios e a área de Turismo da Deputación da Coruña coa  finalidade de “establecer un marco de colaboración entre as distintas administracións que apuntale a iniciativa como un proxecto común”.

Salir de la versión móvil