Extinguido un incendio na parroquia ortegana de Couzadoiro

Efectivos do GES de Ortigueira e de Medio Rural traballaron durante toda a noite para controlar as chamas

Imagen de archivo de un incendio.

A Consellería do Medio Rural informou de que o lume rexistrado no concello de Ortigueira, parroquia de Couzadoiro, xa está extinguido. O incendio comezou onte ás 23.20 horas da noite do sábado e deuse por extinguido pasadas as seis da tarde do domingo. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada foi de 18,7 hectáreas, das cales 5 son de monte arborado e o resto de monte raso. Na súa extinción traballaron 4 axentes, 20 brigadas e 10 motobombas.

Tal e confirmaron os servicios de emerxencia que traballaron durante toda a noite do sábado ao domingo, o chamas foron moi complicadas de aplacar debido aos fortes refachos de vento. A primera hora da mañá do domingo, aínda quedaban algúns focos activos, pero xa controlados polos equipos de extinción. Non había ningunha vivenda cerca do entorno do incendio, polo que non houbo risco para os veciños da zona.

Salir de la versión móvil