Varias praias de Ortigueira contarán con carteis informativos e xeles hidroalcohólicos como método de prevención fronte á Covid-19

Mourozos, San Antonio, A Concha e Céltigos son as praias que incorporan as diferentes medidas de seguridade e hixiene fronte a morea de visitantes que se esperan

O Concello de Ortigueira vén de colocar nas praias de Morouzos, San Antonio, A Concha e Céltigos carteles informativos do protocolo que é necesario seguir para a estancia nos areais como consecuencia da Covid-19 e os repuntes ocasionados en varias zonas galegas nas últimas semanas.

Xunto ás normas para respectar o distanciamento social ou usar a máscara lémbrase a prohibición de acceso para os cans e a obrigatoriedade de depositar o lixo nas papeleiras. Os carteis instaláronse tamén nas duchas e aseos das praias, onde tamén hai dispensadores de xel hidroalcohólico para os usuarios e usuarias.

Deste xeito intentan fixar dende a administración local a seguridade nunhas praias que reciben numerosos visitantes durante o verán, tanto pola súa beleza como pola calidade das augas para o baño.

Salir de la versión móvil