A tripulación do pesqueiro «Pico da Lebre» foi rescatada onte tras sufrir o afundimento do barco a unhas 30 millas ao nordés de Estaca de Bares. Segundo informo o 112, as 6 persoas a que navegaban a bordo, abandonaron o barco nunha balsa salvavidas.
Foi outro pesqueiro, o «Mendaña», quen recolleu aos mariñeiros e trasladounos ata o porto de Burela, en Lugo. A raíz deste suceso mobilizáronse as dotacións da embarcación «Salvamar Alioth» e do helicóptero «Pesca II».
