A Casa do Mar de Ferrol convertirase nun gran albergue durante a crise do coronavirus

Efectivos da Infantería de Marina montaron esta mañá as novas estancias para acoller a aquelas persoas sen fogar

A Casa do Mar convertirase durante esta crise sanitaria do coronavirus nun gran albergue para aquelas persoas máis vulnerables e que viven na rúa. A necesidade de confinar a tódolos veciños, fixo que o albergue Pardo de Atín estea completo, polo que a Autoridade Portuaria cedeu estas instalacións na estrada alta do Porto, para acoller aos senteito de Ferrol.

A finais da pasada semana o alcalde ordenou que se realizase unha limpeza en profundidade do edificio para posteriormente iniciar o seu acondicionamento co obxectivo de “protexer o máis posible a toda a cidadanía, neste caso ás persoas que nestes momentos atópanse sen un teito baixo o que vivir”, explicou o alcalde.

Efectivos de Infantería de Marina do Tercio Norte e a marinería da Escola Antonio de Escaño foron os encargados de habilitar as 12 estancias dobres -24 camas en total- e convertelas en habitacións para acoller a deceas de homes e mulleres que non teñen fogar en Ferrol. O alcalde de Ferrol, Ángel Mato, e a concelleira de Benestar Social, Eva Martínez, supervisaron os traballos esta mañá na Casa do Mar, que habitualmente funciona como centro de día para personas con alzheimer e está xestionado por AFAL.

Da mesma forma que sucede en outros albergues, este provisional contará con vixilancia durante as 24 horas do día e a súa xestión levarase a cabo desde a concellería de Benestar Social. “Como non podía ser de outra maneira”, dixo a concelleira responsable da área, “apostamos por un lugar digno para os nosos veciños, onde poidamos darlles un teito e tamén protección ante o Covid-19”.

 

 

Salir de la versión móvil