A Deputación de Lugo confirmou un ano máis o seu ao desenvolvemento turístico da Ribeira Sacra mediante a renovación do convenio de colaboración co Consorcio de Turismo. O acordo foi formalizado pola presidenta provincial, Carmela López, e polo presidente da entidade turística, Luís Fernández Guitián, nun acto celebrado no miradoiro de Santiorxo.
A achega da institución provincial ascende a 25.000 euros e forma parte dun programa de financiamento global de 160.000 euros destinado a garantir o funcionamento do Consorcio. Estes recursos permitirán manter a súa actividade diaria, impulsar accións de promoción turística e continuar co acoordinación de proxectos estratéxicos para o territorio.

A selección da UNESCO
A renovación do convenio prodúcese nun momento especialmente relevante para a Ribeira Sacra, xa que nas próximas semanas a UNESCO estudará a candidatura da comarca para a súa inclusión na lista de Patrimonio Mundial. A decisión, que será analizada durante a reunión do Comité do Patrimonio Mundial. A decisión, que será analizada durante a reunión do Comité do Patrimonio Mundial en Busán (Corea do Sur), podería situar o territorio nun escenario de maior visibilidade internacional.
Neste contexto Carmen López destacou que este convenio é “unha estratexia que, independentemente da decisión final da UNESCO, protexa a paisaxe e o patrimonio, fortaleza o tecido económico e contribúa a fixar poboación na contorna”. A presidenta provincial subliñou tamén a importancia da cooperación entre administracións para afrontar os retos futuros e aproveitar as oportunidades que poidan xurdir.

