A alcaldesa de Moeche e o alcalde Burela contactaron estes días con representantes da Plataforma en Defensa do tren Ferrol-Ribadeo ante a persistencia da suspensión de servizos ferroviarios nas nosa comarcas.
Asi a rexedora de Moeche en nome dos concellos das tres comarcas de Ortegal, Ferrolterra e A Mariña, afectados pola lamentable e inexplicable situación do servizo ferroviario nestes últimos tempos, solicitou a convocatoria dunha reunión con representantes de Renfe e Adif para atopar unha solución inmediata.
A situación do servizo ferroviario é de tal abandono que se traduce, baixo a desculpa da situación da crise sanitaria da COVID 19, nunha intolerable redución de case o 75% de servizos na liña Ferrol-Ribadeo. O estado de alarma rematou e os servizos públicos en xeral recuperaron a súa actividade normal, máxime naqueles casos de servizos esenciais como o transporte público.
No canto de repoñer os servizos habituais, Renfe segue mantendo a supresión de servizos e nin sequera se fixa unha data de reanudación. Por outro lado, os compromisos adquiridos nas reunións mantidas até o momento no se corresponden coas actuacións nin de Renfe nin de ADIF.
Dende as mecionadas administración aseguran que a situación xerada polo COVID 19 para avanzar no abandono do transporte público ferroviario de proximidade é intolerable e causa un grave prexuizo para o conxunto das veciñanzas e para o desenvolvemento das comarcas. Polo tanto esixen a reactivación dos servizos sen esquecer ás necesidades das persoas usuarias.