Feijóo e Pablo Casado irrompen en As Pontes para esixir a pervivencia da térmica

Os populares esquivan responsabilidades culpando ao goberno central de estrangular toda a industria galega
ccd8446da0236cddce1b46e8f07f6309_XL

Alberto Núñez Feijóo e o presidente dos populares, Pablo Casado, asistiron o pasado sábado 4 de xullo a un mitin celebrado no barrio de As Veigas de As Pontes de cara as vindeiras eleccións do 12 de xullo, demandando un futuro estable para a central térmica do municipio.

O presidente da Xunta non dubidou en acusar ao goberno central de Pedro Sánchez das sucesivas condicións desfavorables que está a sufrir a industria galega, nomeando non só á térmica de Endesa, senón tamén lembrando os despidos masivos vividos polos traballadores de Alcoa San Cibrao, a falta de carga de traballo de Navantia ata o inicio das F-110 e as políticas forestais e de costas, estas ultimas nocivas para os traballadores de Ence, conserveiras, depuradores e empresas frigoríficas galegas. «Estase a estrangular a industria galega», afirmaba Feijóo.

No tocante á central, os populares quixeron afianzarse con máis votantes asegurando o compromiso do partido en defender ás familias o futuro e a dignidade de As Pontes. «Eu invito a que, o próximo 12 de xullo, As Pontes faga un esforzo e vote por ningún partido, senón polas Pontes», reivindicaba o presidente da Xunta en procura de máis apoio electoral de cara as vindeiras eleccións autonómicas.

Tamén se mencionou a acción dos traballadores, transportistas e sindicalistas que tivo lugar o pasado xoves 25 de xuño na entrada da central. Unha manifestación de urxencia para evitar o desmantelamento de parte da obra de adaptación dos grupos 3 e 4, tal e como criticaban dende a CIG.

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.