Dende a pasada semana o Concello de Monfero puxo en marcha un servizo de impresión e entrega a domicilio de deberes ou apuntes para escolares do municipio. Dado que algúns fogares non dispoñen de ordeadores ou unha boa conexión a internet, o goberno local apostou por esta solución para evitar que se produza unha fenda académica entre os alumnos.
Deste xeito, o Concello imprimirá o material necesario para que todos os rapaces e rapazas veciños de Monfero poidan facer os exercicios da escola. Serán os operarios municipais os encargados de realizar a entrega nos domicilios, respectando tódalas medidas de seguridade. Os alumnos e alumnas interesadas en facerse co material, deberán comunicalo a través do correo [email protected] ou do teléfono 981 793 885.
Discussion about this post