Monfero porá a disposición do alumnado deberes e apuntes escolares

O Concello quere impedir que se produza unha fenda académica entre os rapaces que estudan no municipio
deberes-confinamiento-coronavirus

Dende a pasada semana o Concello de Monfero puxo en marcha un servizo de impresión e entrega a domicilio de deberes ou apuntes para escolares do municipio. Dado que algúns fogares non dispoñen de ordeadores ou unha boa conexión a internet, o goberno local apostou por esta solución para evitar que se produza unha fenda académica entre os alumnos.

Deste xeito, o Concello imprimirá o material necesario para que todos os rapaces e rapazas veciños de Monfero poidan facer os exercicios da escola. Serán os operarios municipais os encargados de realizar a entrega nos domicilios, respectando tódalas medidas de seguridade. Os alumnos e alumnas interesadas en facerse co material, deberán comunicalo a través do correo [email protected] ou do teléfono 981 793 885.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.