Narón promove a reciclaxe de vidrio entre os hosteleiro locais

O Concello iniciou unha campaña de información e sensibilización co sector para fomentar as boas prácticas

17/08/2012. 16 agosto 2012. Vilagarcía. Operativo de limpieza tras la celebración de la Festa da Auga durante las fiestas de San Roque.

O Concello de Narón vén de poñer en marcha unha nova campaña para promover a reciclaxe de envases de vidro no sector hostaleiro local. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, explicou que a iniciativa consta de dúas fases: a realización dun traballo de campo para reforzar o coñecemento no sector sobre as ordenanzas municipais en materia de reciclaxe de envases de vidro e a promoción da sensibilización sobre os beneficios ambientais e aforros económicos que xera a reciclaxe nas arcas municipais.

Coa finalidade de que os grandes xeradores xestionen correctamente este tipo de residuos, persoal cualificado está a realizar unha serie de visitas aos establecementos hostaleiros da cidade, para informar sobre a ordenanza municipal na que se recolle a obrigatoriedade de separar selectivamente os residuos e que contempla, no caso de non facelo, sancións polo seu incumprimento, tal e como lembrou Ferreiro.

As visitas iniciáronse na zona urbana da cidade pero ampliaranse posteriormente ao resto do municipio. “Nesta primeira fase informativa e de detección das necesidades, entregaranse aos hostaleiros que o necesiten cubos de diferentes capacidades para facilitar a reciclaxe de residuos en envases de vidro segundo o volume de xeración de cada establecemento e levarán a cabo auditorías para comprobar que realizan a separación en orixe correctamente e, no caso de que incumpran a normativa, nunha segunda visita entregaráselles unha carta nominativa”, explicou a alcaldesa.

Ferreiro avanzou que segundo os datos facilitados pola empresa Ecovidrio, o pasado ano Narón reciclou un total de 535.900 quilos de vidro nos 158 contedores instalados no municipio. “Esta cifra supón un incremento dun 2,5% con respecto ao ano 2018 e confirma a tendencia á alza en materia de reciclaxe de vidro na nosa cidade, onde nos últimos anos grazas á implicación dos veciños e veciñas e do sector hostaleiro conseguiuse ir incrementando a taxa de recollida selectiva no concello nun 20%”, asegurou Ferreiro.

 

Salir de la versión móvil