O Concello de Ferrol entrega preto de 900 máscaras protectoras aos comerciantes e hostaleiros de Canido

A edil María Teresa Deus proporcionou esta mañá á asociación Hoscompro Canido os EPI e 600 unidades máis á Asociación de Escolas Infantís de Ferrol
Canido

O Concello de Ferrol iniciou a finais de maio o reparto de equipos de protección individual (EPI) entre os colectivos de comerciantes, hostaleiros e taxistas da cidade. A través das asociacións, o goberno local está a facer chegar as máscaras protectoras aos propietarios dos establecementos co fin de contribuír á loita contra a expansión da Covid-19 entre a poboación.

A concelleira de Promoción Económica e Turismo, María Teresa Deus, entregou esta mañá á asociación de comerciantes e hostaleiros Hoscompro Canido, na farmacia da rúa Alegre, preto de 900 máscaras protectoras, que serán distribuídas entre os propietarios dos negocios do barrio. A continuación a edil entregou outros 600 equipos de protección á Asociación de Escolas Infantís de Ferrol.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.