O Plan Reitor das Fragas do Eume será aprobado de forma definitiva nas vindeiras semanas

No documento regúlanse os usos nas diferentes zonas así como a definición dun plan de emerxencias
Un grupo de turistas visita las Fragas do Eume
PUBLICIDAD

O Parque Natural Fragas do Eume terá nas vindeiras semanas o seu primeiro Plan de uso e xestión (PRUX) despois de que o documento fose informado favorablemente polo Consello galego de medio ambiente e desenvolvemento sostible (Cogamads), durante unha reunión que estivo presidida pola conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez.

Deste xeito, o PRUX das Fragas do Eume dá un paso definitivo cara á súa aprobación definitiva xa que supera o último trámite formal antes de ser remitido ao Consello da Xunta, co que se acadará o “obxectivo transcendental” de que todos os parques naturais da Comunidade conten cun documento propio de xestión e protección. “Este plan reitor enmárcase na aposta da Xunta por regular e dotar o patrimonio natural galego dun marco normativo acorde ás súas necesidades”, dixo a conselleira, quen engadiu que “estas follas de ruta buscan compatibilizar os usos e a conservación destes espazos protexidos”.

Ecologistas alertan de que el plan rector de las Fragas do Eume «solo protege un 3,3%» del parque natural

 

En concreto, explicou que o PRUX está organizado ao redor de catro programas: un co fin de garantir a conservación da biodiversidade, a paisaxe e o patrimonio cultural das Fragas do Eume; un segundo programa orientado á investigación, seguimento e avaliación; outro de xestión do uso público; e o cuarto, centrado na mellora das infraestruturas, instalacións e equipamentos do parque natural. Ademais, tamén prevé un Plan de emerxencia para intervir de forma rápida e eficaz ante posibles eventualidades.

En canto á zonificación, proponse dividir a superficie do parque natural -case 10.000 hectáreas- en catro grandes áreas: zona I de reserva, que inclúe aqueles espazos que requiren dun alto grao de protección; zona II de uso limitado, constituída por áreas que requiren dunha maior protección por albergar valores naturais de excepcional rareza, interese ou fraxilidade; zona III de uso compatible, na que se inclúen ámbitos cun valor de conservación medio por integrar no territorio certo nivel de humanización, principalmente por actividades tradicionais agrícolas e plantacións forestais tamén tradicionais; e zona IV de uso xeral, cun importante nivel de urbanización e que inclúe os núcleos rurais e as vías asfaltadas.

Logo de salientar que máis do 40% da superficie do parque aparece incluído na zona de maior protección, a conselleira incidiu en que neste Plan «os obxectivos de conservación primarán sobre calquera outra actividade; se fomentará unha utilización respectuosa e sensible dos compoñentes naturais do parque», e se marcarán as pautas a seguir para orientar o futuro desenvolvemento económico e medioambiental deste espazo durante os vindeiros anos.

 

Cabanas y Monfero presentarán alegaciones al plan rector de la Xunta para las Fragas del Eume

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.