O PSdG denuncia as «neglixencias» da Xunta coas Fragas do Eume e comprométese a convertirla «nun parque de referencia»

O cabeza de lista por A Coruña, Pablo Arangüena, visitou o parque xunto ao alcalde eumés Bernardo Fernández, e denunciu as "agresións ambientais" que sufriu po parte do goberno galego
WhatsApp Image 2020-06-24 at 16.00.41

O cabeza de lista do PSdeG por A Coruña e vicesecretario xeral do PSdeG, Pablo Arangüena, visitou hoxe Pontedeume e as Fragas do Eume xunto ao alcalde da localidade, Bernardo Fernández, que exerceu de anfitrión, e os candidatos Begoña Rodríguez , Bruno Díaz e Manolo Santiago.  O candidato socialista afirmou que «mentres o eucalipto invade ano tras ano novos espazos do parque natural das Fragas o Eume, o goberno de Feijóo leva once anos sen aprobar o Plan Reitor de Usos e Xestión (PRUX) que garantiría a súa defensa e ordenación, e permite todo tipo de agresións ao parque en lugar de ordenalo e poñelo en valor».

Tras censurar este «total desinterese pola conservación do patrimonio natural galego» , engadiu que a Xunta está “fora de xogo” en materia medioambiental e completamente allea ás posibilidades da nova economía verde, «que para Feijóo é algo de ciencia-ficción”

O cabeza de lista do PSdeG pola Coruña salientou que esta demora na aprobación do Plan implica, ademais dunha incerteza sobre os usos das Fragas, “un crecente risco de que se volvan producir incendios forestais coma o de 2012”, que arrasou o 10% da superficie do mellor bosque atlántico costeiro de Europa. “O parque non só é un patrimonio que conservar, senón un recurso do que obter proveito e que encaixa nas directrices e obxectivos do novo pacto verde que impulsa a UE”, significou.

Lembrou tamén que o Concello ofreceu un aparcamento disuasorio de 5.000 metros cadrados para evitar as aglomeracións e o descontrol no acceso que se producen constantemente, «dando a imaxe insólita dun parque natural no que se mezclan caóticamente coches e sendeiristas».

O candidato comprometeu o apoio do PSdeG á protección do parque, garantindo a aprobación do PRUX no prazo dun ano dende o 12X, así como a dotación de recursos económicos que permitan darlle un maior valor ao parque e compensen á poboación que vive dentro dos seus límites, como xa se fai noutras Comunidades Autónomas, convertindo as Fragas nun parque de referencia e ben xestionado: “as posibilidades do parque son tan grandes como o desinterés da Xunta”.

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.