O servizo móbil de renovación ou expedición do DNI estará dispoñible o 19 de outubro en Ortigueira

Para utilizar a prestación haberá que chamar previamente ao Concello, e só se atenderán a un máximo de 45 persoas en horario de 9.00 a 12.00 horas

Ayuntamiento de Ortigueira

O vindeiro día 19 de outubro reactívase o servizo móbil para renovar ou obter o DNI e para o que haberá que solicitar cita previa chamando ao teléfono do Concello: 981 400 000. Atenderase a un máximo de 45 persoas en horario de 9.00 a 12.00 horas polo que é importante reservar a cita canto antes.

O servizo prestarase no salón de plenos municipal e a recollida do documento poderase facer o 21 de outubro. O Concello lembra que é importante respectar as medidas de seguridade establecidas segundo o protocolo: uso de máscara e mantemento da distancia e respecto á hora fixada para evitar aglomeracións.

Só poderá acceder a persoa que realiza o trámite -agás no caso de menores ou persoas dependentes-, e tasa é de 12 euros, importe que deberá pagarse en metálico e coa cantidade exacta.

Salir de la versión móvil