Os socialistas de Ferrol reclaman unha unidade da Policía Autonómica para a cidade

O grupo municipal levará unha moción ao pleno desta tarde para que a corporación inste á Xunta a dotar ao municipio deste corpo

O Grupo Municipal Socialista solicitará este xoves no pleno da corporación municipal que inste á Xunta de Galicia a que destine a Ferrol de maneira permanente unha unidade da Policía Autonómica. Na moción que defenderá engádese que esta unidade deberá contar cunha dotación material e humana suficiente para poder cumprir de maneira eficiente coas súas funcións.

Dende o PSOE lémbrase que na actualidade a Policía Autonómica está implantada en seis das sete grandes cidades de Galicia, pero que Ferrol leva agardando 23 anos para dispor dunha unidade, o cal non é admisible. En Santiago implantouse en 1991, mentres que en A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra foi en 1994 e en Vigo en 1997. Tamén se destaca que a unidade policial depende organicamente do Ministerio do Interior, aínda que funcionalmente da Xunta de Galicia.

Na actualidade, a Policía Autonómica presta importantes funcións en materia de seguridade, de protección das vítimas de violencia machista, de prevención e investigación de incendios forestais, de loita contra o furtivismo, de protección do medio natural e do patrimonio e de protección de menores, entre outras. Por ese motivo, «semella, ademais de preciso, que é de xustiza que Ferrol, como o sétimo concello de Galicia por número de habitantes, dispoña dunha unidade», explican os socialistas.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.