O Concello de Pontedeume levou a cabo nestes días tarefas de limpeza e chorreo polas rúas, prazas e camiños da zona rural. Dando resposta ás demandas veciñais, o concello realiza de forma periódica por diferentes puntos da vila estes traballos, mellorando a imaxe e o tránsito de persoas e vehículos.
Coas máquinas de chorreo elimínase a suciedade e o verdín en beirarrúas e zonas de paso peonil, polo que se reducen as posibilidades de esvaramento. Estas tarefas se extenderán a outras zonas do casco urbano de Pontedeume e as parroquias nos próximos días.
“Desde que chegamos ao goberno local no ano 2015 prometimos manter a nosa vila no mellor estado posible, con actuacións de mantemento e limpeza moi necesarias para mellorar a vida dos nosos veciños e veciñas”, explica Bernardo Fernández, alcalde de Pontedeume.