Rematada a primeira fase das actuacións na parroquia de Cabanas Soaserra

Nas vindeiras semanas procederase á execución da segunda fase tras recuperar unha parcela en Xabariz coa plantación de varias árbores e a instalación de tres bancos
Área Lecer Xabariz

Cabanas vén de anunciar o remate da primeira fase das actuacións que se están a desenvolver na parroquia de Soaserra, as cales teñen como obxectivo a recuperación de espazos e o mantemento de camiños e outros elementos de arquitectura tradicional.

Nesta primeira fase completouse a recuperación dunha parcela en Xabariz, na que ademais de prepararse o terreo plantáronse varias árbores procedeuse á instalación de tres bancos. Ademais, leváronse a cabo traballos de roza nos accesos e arredores das fontes de Cerdeiras e de Soaserra como paso previo á segunda fase.

Para a segunda fase, a cal se prevé desenvolver nas vindeiras semanas, a administraión local restaurará a fonte de Cerdeiras e recuperará o seu caudal, ademais de executar melloras no lavadoiro e fonte de Soaserra e as súas inmediacións, onde tamén se amañará unha ponte sobre o río.

«Coa creación desta área de lecer a veciñanza de Soaserra recupera un espazo abandonado pola maleza nun lugar que permite ademais gozar dunhas marabillosas vistas ás Fragas do Eume», sinalou o tenente alcalde e responsábel da área de medio ambiente, Iago Varela.

As actuacións están vencelladas ás axudas a investimentos non produtivos para a realización de obxectivos agroambientais e climáticos no ámbito dos Parques Naturais de Galiza.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.