Javier Losada insta á Xunta a que apoie ao persoal de Gamesa nas Somozas

Traslada nunha carta dirixida ao vicepresidente segundo a información sobre carga de traballo e necesidade de novos investimentos
1454061188_776362_1454062321_noticia_normal

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, instou á Xunta de Galicia a que apoie ao persoal de Siemens Gamesa nas Somozas (A Coruña). Fíxoo nunha carta dirixida ao vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde.

Na misiva lembra que o pasado martes mantivo unha reunión cos representantes do comité de empresa, que mostraron a súa preocupación pola situación da compañía, que ten 300 empregos. O persoal abordou a carga de traballo e a necesidade de novos investimentos para a modernización da factoría, que lle permitan seguir sendo punteiros na fabricación de pas.

Javier Losada explica á Xunta que o comité de empresa relata que, neste momento, non dispón de ningún documento que recolla o plan industrial da empresa, que ten uns resultados económicos moi positivos.

Dado que é a Consellería que dirixe Conde desde hai 8 anos a que aúna as competencias exclusivas en materia de política industrial, o delegado do Goberno trasládalle, coa procura de cooperación entre institucións, todas esta información e ínstao a que tome determinacións nese sentido.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.