O Concello de Oroso destinará 318.000 euros máis a axudar ás familias, pemes e autónomos do municipio a través de rebaixas fiscais e o Plan Reactiva

Esta cantidad únese aos 100.000 euros que leva investidos a corporación local desde marzo para facer fronte á pandemia
Foto Oroso

O Concello de Oroso ten previsto inxectar case 318.000 euros máis na economía local para axudar ás familias con rebaixas fiscais e para reactivar a actividade das pemes e autónomos máis afectados pola pandemia do coronavirus.

En concreto, o concello convocou dúas sesións extraordinarias da comisión de contas e do pleno municipal os próximos días 14 e 19 deste mes para darlle luz verde avarias medidas fiscais no ano 2021, entre as que están unha rebaixa no IBI e no recibo do lixo, así como unha bonificación dun 60% no imposto de vehículos de tracción mecánica para os automóbiles eléctricos e híbridos.

Por outra parte, tamén haberá unha bonificación de ata un 75% no imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana a título lucrativo por causa de morte a favor de descendentes e cónxuxes. Todas estas medidas fiscais terán un impacto de 177.000 euros, cos que contarán os veciños e veciñas de Oroso para os seus gastos.

En segundo lugar, o concello acolleuse ao programa PEL-Reactiva da Deputación da Coruña, do que se van beneficiar os autónomos e os establecementos de comercio e hostalería que tiveron que interrumpir a súa actividade polo confinamento e o estado de alarma.

Serán 140.761 euros para Oroso que poderán ser destinados, entre outras cuestións, a gastos de adaptación e acondicionamento dos negocios á nova realidade derivada da Covid-19, compra e instalación de biombos, adquisición de produtos de limpeza e protección, así como a gastos correntes. As axudas aos negocios oscilarán entre os 1.500 e os 3.000 euros, en función dos traballadores que teñan ao seu cargo.

“Son medidas e bonificacións que suporán unha redución de ingresos para o concello superior aos 300.000 euros, pero consideramos que é moi necesario; dentro das nosas competencias, temos que facer todo o posible para axudar á veciñanza e grazas a unha boa xestion dispoñemos dunhas contas saneadas para afrontar estas iniciativas”, asegura Manuel Mirás, alcalde de Oroso.

Este paquete de medidas únese a outras tomadas desde o comezo da pandemia, como o reparto gratuíto de 15.000 máscaras e material EPI (hidroxel e luvas), ou a desinfección do centro de saúde, os espazos públicos e os arredores dos establecementos esenciais, que supuxeron un investimento por parte do concello de 100.000 euros.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.