A triatleta Miriam Casillas finaliza o mundial de Hamburgo como a segunda mellor española

A triatleta quedou por detrás da actual campioa nacional, Anna Godoy, e en 40ª posición no total da competición mundial, sendo 14ª no de relevos
Miriam Casillas

Miriam Casillas finalizou en 40ª posición no campionato do mundo disputado este sábado 5 de setembro na localidade alemana de Hamburgo.

Despois de saír da auga a 30 segundos da cabeza de carreira e rodar nun dos grandes pelotóns que se formou no ciclismo, a internacional do Triatlón Ferrol non exhibiu o seu mellor nivel a pé pero deu a cara ata o final.

«Me vi en carrera en todo momento pero corriendo tenía frío, estaba agarrotada. Al ser –distancia- sprint, como pierdas 20 segundos, son 20 puestos», lamenta a triatleta do conxunto departamental, que a pesar das últimas malas sensacións conseguiu ser a segunda mellor española do mundial, tan só por detrás da campioa nacional fai dúas semanas, Anna Godoy.

Mundial de relevos

Finalmente Miriam Casillas e as súas compañeiras de equipo nacional foron 14ª no Mundial por relevos mixtos. Sendo ela a terceira integrante da selección en saír, colleu o testemuño na novena posición e entregouno mantendo as opcións de acabar entre as dez mellores seleccións do mundo, aínda que finalmente non puido ser.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.