A incorporación de Nathan Palafoz xa é oficial

O Racing de Ferrol presentou hoxe de maneira oficial a nova fichaxe do delanteiro brasileiro procedente do histórico Corinthians
natha palafoz

Este mesmo domingo 20 de setembro fíxose oficial a incorporación do brasileiro Nathan Palafoz á entidade verdiblanca. Os racinguistas poderán quedar tranquilos tras facerse cun xogador procedente do sub-20 do Corinthians, o emblemático equipo brasileiro co que conseguiu anotar a cifra de 30 goles en 54 partidos.

Ademais de tantos o «killer» Nathan aportará moita frescura ao equipo ferrolán, xa que tan só ten 21 anos  e conta cunha gran envergadura, un físico de 83 kg e un total de 1,87 metros de altura que o fan imparable de cara a portería.

Máis xogadores para completar o plantel

De todas formas, a entidade verdiblanca non se cansa de intentar aumentar a calidade do equipo con novas incorporacións. É o caso do mediocentro Elsinho, o cal milita desde 2016 no Fútbol Club Juárez da máxima división brasileña. O club racinguista admitiu que estaba a ter «dificultades administrativas» para pechar a saída do xogador cara a Ferrol, pero as súas intencións de incorporar á xoia brasileira á disciplina de Larraz siguen vixentes.

Complicacións nas últimas incorporacións

Porén, as fichaxes que parecen estar máis estancadas son as dos dous uruguaios Yeferson e Acuña, dous futbolistas moi pretendidos polo Racing, onde incluso o director deportivo, Carlos Mouriz, estivo a punto de permanecer confinado en Uruguai o pasado marzo tras a súa visita persoal para intentar convencer ao central e ao mediapunta.

Este retroceso débese á negativa dos seus respectivos equipos de deixalos marchar rumbo á cidade naval. Por un lado, o xove Yeferson Quintana -24 anos- está xogando actualmente no Danubio, o club da primeira charrúa, despois de formarse no Peñarol, pasar polo Cerro Largo, pola MLS estadounidense e voltar ao equipo que o viu crecer, aínda que en pouco tempo saíu en condición de cedido, a mesma que tería no Racing en caso de que as negociacións fructuaran.

Finalmente, o seu compatriota e mediapunta, Mathias Acuña, xa conta cunha fonda experiencia futbolistica aos seus 27 anos. Actualmente está a vestir a zamarra do Wanderers -tamén de primeira división uruguaia-, onde só conseguiu anotar tres tantos, aínda que o xogador destaca pola súa habilidade no 1 para 1.

Mouriz confía en incorporalos nas vindeiras semanas

O director deportivo, Carlos Mouriz, amosou unha confianza plena na incorporación destes dous baluartes antes do inicio da próxima campaña, a cal ten previsto comezar -se a situación sanitaria o segue a permitir- en menos dun mes.

De feito foi o propio Mouriz o encargado de viaxar ao pais sudamericano para manter unhas relacións moito máis estreitas con ambos xogadores o pasado mes de marzo. Porén, a pesar das boas sensacións iniciais cos xogadores, a súa estancia en Uruguai viuse truncada pola Covid-19, a cal case lle obriga a permanecer aislado fora de España, aínda que finalmente o director deportivo racinguista puido voltar.

 

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.