A prensa uruguaia xa coloca ao defensa Yeferson Quintana no Racing de Ferrol

As negociacións cos brasileños Nathan Palafoz e Elsinho parecen máis avanzadas e, se os trámites administrativos o permiten, o club espera poder incorporalos á disciplina de Larraz este mes
EiDGq51X0AAcbXz

Os rumores sobre a chegada do defensa uruguaio Yeferson Quintana ao Racing de Ferrol parecen estar máis preto de ser unha realidade según apuntan os medio do país sudamericano. O interese da entidade verdiblanca polo central xa saíron á luz fai algo máis dunha semana, pero desde o club tamén declararon que estaban a ter problemas cos transfers dos xogadores extracomunitarios.

Nas últimas horas, varios medios e xornalistas de Uruguai deron por pechada a fichaxe deste potente e xove xogador de 24 anos e 1,93 de estatura que forma parte actualmente das filas do Danubio, da Primeira Divisón, no que está cedido polo Peñarol. O central pasou tamén pola Major Soccer League, xogando para o San Jose Earthquakes e polo Cerro Largo, tamén da Primeira Divisón Uruguaia

Quintana viría cedido ao Racing por una tempada, pero a operación necesitaría o visto bo non só do xogador e do Peñarol, senón tamén do seu actual equipo, o Danubio Fútbol Club, quen onte publicou un comunicado nas súas redes sociais desmentindo as negociacións co equipo ferrolán. Porén, a falta dun mes para o inicio da competición, o Rácing todavía terá que seguir traballando desde os despachos para pechar o plantel de cara ao inicio da tempada.

As fichaxes que sí parecen máis avanzadas son as xa tamén anunciadas de forma oficiosa dos brasileños Nathan Palafoz, procedente do Corinthians, e do mediocentro Elsinho, que milita desde 2016 no Fútbol Club Juárez da máxima división brasileña. O club racinguista tamén admitiu que estaba a ter «dificultades administrativas» para pechar a saída de ambos xogadores cara a Ferrol. As intencións do club é que nun prazo máximo de dez días poidan incorporarse á disciplina de Larraz.

Isma Cerro, máis preto do Andorra de Piqué

Quen parece alonxarse do Racing é o centrocampista Isma Cerro, polo que a entidade verdiblaca tamén mostrara o seu interese, ao igual que outros equipos de Segunda B. O Sporing de Xixón, equipo ao que pertencía ata este martes, rescindiulle o contrato, aumentando así o interese de moitos clubes polo cacereño. Parece que finalmente será o Andorra de Gerard Piqué quen se faga cos servizos deste talentoso mediocentro con ampla experiencia en Segunda División.

 

Publicidad
Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.