As Pontes renova o convenio de colaboración da Policía Local ao sistema VIOGEN

Este acordo fai posible a coordinación da Garda Civil e a Policía Local en materia de protección das vítimas de violencia de xénero
rhdr
rhdr

A Xunta Local de Seguridade das Pontes aprobou está mañá a renovación do convenio entre o Ministerio de Interior e o Concello das Pontes para a incorporación do corpo da Policía Local ao sistema de Seguimento Intergal dos casos de Violencia de Xénero -VIOGEN-.

Maior proteción para as vítimas de violencia de xénero

Este convenio fai posible a coordinación da Garda Civil e a Policía Local en materia de protección das vítimas de violencia de xénero, permitindo aos axentes locais un acceso de consulta ao sistema de seguimento integral de expedientes para así realizar unha valoración de novas agresións.

Deste xeito, mellorarase a eficacia na protección das vítimas de violencia de xénero, dando un paso máis para combater a lacra da violencia machista.

Ao término da sesión, presidida polo alcalde das Pontes, Valentín González Formoso, e a subdelegada do Goberno na provincia da Coruña, Pilar Rioboó, e que contou coa participación do Concelleiro de Seguridade, Jose Ramón Alonso e a Concelleira de Benestar Social así como dos mandos da Garda Civil, do Corpo Autonómico da Policía, Policía Local e Protección Civil, o rexedor local subliñou a importancia da sinatura da renovación deste convenio.

«Trátase dun sistema de colaboración entre o sistema xudicial, o sistema executivo e a Policía Local das Pontes. O Concello das Pontes asinou este convenio por primeria vez no ano 2012, fomos un dos primeiros concellos en facelo, e conleva ter unha Policía Local activa, dinámica e con implicación na protección das mulleres vítimas de violencia de xénero. Con que só haxa unha muller que sufra violencia de xénero xa é motivo de preocupación, é unha situacion que condeamos e debemos perseguir», explicaba o rexedor local.

Pola súa banda, a subdelegada do Goberno, Pilar Rioboó, indicou que un dos seus obxectivos «era renovar todos os convenios existentes en materia de violencia de xénero e poñelos en marcha en concellos nos que non existían. Son instrumentos que serven para loitar contra a lacra da violencia machista e é unha satisfación que o Concello das Pontes renove este convenio».

Evolución da seguridade cidadá no municipio

Os mandos da Garda Civil expuxeron as cifras de evolución da seguridade cidadá e a convivencia no termo municipal das Pontes así como propostas de medidas para abordar os problemas detectados.

Por outra banda, deuse a coñecer a taxa delituosa no concello, a tipoloxía dos delitos, a porcentaxe de delitos esclarecidos así como os investigados, datos que están moi por baixo das cifras provinciais e que sitúan a As Pontes como un concello seguro.

Aínda así, o rexedor local apuntou que «a percepción que en ocasións se ten da seguridade non se corresponden coas cifras estatísticas reais, é algo frecuente nos concellos seguros; cando menor é o número de delitos maior é a percepción de inseguridade cando se produce un».

As Pontes agora mesmo ten unha taxa de 6 delitos por cada mil habitantes, a taxa na provincia sitúanse en 32 delitos e a media a nivel nacional é de 46 delitos por cada mil habitantes, a taxa é moi baixa. «É un feito que temos que agradecer ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado que operan no noso municipio e sobre todo á Policía Local e á sociedade pontesa que fan que As Pontes sexa un municipio moi seguro», finalizou o alcalde.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.