Cabanas contratará dous albaneis e un peón con cargo ao Plan Emprego Local da Deputación

As persoas interesadas poden presentar as súas solicitudes ata o venres 12 de xuño
2018051022152232890

O Concello de Cabanas anuncia a contratación de dous albaneis e un peón dentro do Programa de Integración Laboral da Deputación da Coruña, PEL Concellos 2020, para a execución de obras e servizos mínimos municipais.

As tres persoas seleccionadas mediante este plan de emprego terán un contrato de seis meses a tempo completo, e levarán a cabo traballos de mantemento de camiños e vías de acceso municipal aos núcleos de poboación, incluíndo roce e limpeza de cunetas, mantemento e pequenas reparacións das beirarrúas municipais, mantemento dos espazos públicos do Concello, áreas recreativas, deportivas e zonas verdes.

O prazo de presentación de solicitudes para estas prazas é de cinco días  hábiles desde a súa publicación no BOP (BOP 5 de xuño), polo que as persoas interesadas poden rexistralas ata o venres 12 de xuño.

Axuliar de axuda no fogar

O Concello de Cabanas tamén ten aberto até o día 11 de xuño a bolsa de emprego para persoal auxiliar de axuda no fogar, co obxectivo de reforzar o servizo a efectos de cubrir necesidades transitorias que requiran puntualmente a contratación de persoal laboral para realizar tarefas de substitución por ausencia de persoal, incapacidade laboral transitoria, permisos ou licenzas e acumulación de tarefas.

Publicidad
Xeoparque Cabo Ortegal
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.