Cancelado o XX Triatlón Cidade de Ferrol do próximo día 9

Desde a organización explican que "endurecemento do protocolo sanitario" fai imposible realizar a probar en condicións óptimas
DGtriatlonferrol

O XX Tríatlon Cidade de Ferrol previsto para o 9 de agosto finalmente ten que ser suspendido. A pesar de que tanto o Concello como a Autoridade Portuaria facilitaron que a carreira a pé puidese desenvolverse polo paseo de Irmandiños para gañar espazo ou pechar por completo o acceso do público á transición e meta situadas en Curuxeiras, a última actualización do protocolo autonómico para o retorno ás competicións deportivas fai que a organización da proba decida cancelala definitivamente.

Segundo esa norma, os triatletas deben gardar dous metros de distancia interpersoal sempre que estean sen máscara, é dicir, exclusivamente durante a competición. Desta forma, a pesar de ter limitado a participación para evitar as aglomeracións entre competidores e público, actualmente non é posible atopar unha alternativa segura aos circuítos previstos. A organización da proba lamentou os inconvenientes que esta cancelación poda ocasionar tanto aos competidores como aos afeccionados.

Publicidad
Xeoparque Cabo Ortegal
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.