Cariño dixitaliza e publica tódolos números da histórica revista Nordeste

O concello habilitou una páxina web onde poder consultar a publicación desde o 1975, data da súa creación
portada-nordeste

O Concello de Cariño recuperou e puxo ao dispor de todos os veciños e veciñas do municipio a antiga ‘Revista Nordeste’, unha publicación na que está documentada unha parte importante da historia da vila e á que se pode acceder a través da web www.revistanordestecarino.gal.

A Concellería de Cultura, consciente do interese patrimonial e cultural desta publicación, púxose en contacto con Lorenzo Fojón, que no seu momento era un dos encargados das portadas e ilustracións da revista, para conseguir a cesión de todos os exemplares e proceder á súa dixitalización.

Agora, este traballo ve a luz a través da páxina web na que todo aquel que o desexe poderá visualizar e descargar todos os números da revista. A idea inicial do Concello de Cariño era a de realizar un acto público de presentación de leste proxecto pero, debido ás restricións do Estado de Alarma, finalmente optouse por facer pública a web.

O alcalde de Cariño, José Miguel Alonso Pumar, quixo agradecer a Lorenzo Fojón “a cesión de todos os exemplares xa que sen a súa colaboración este proxecto non sería posible” e animou aos veciños e veciñas de Cariño “a que gocen da revista e tamén dunha parte da nosa historia”.

Historia da revista

A revista Nordeste nace no ano 1975, no seo da Agrupación Xuvenil que leva a súa mesmo nome a iniciativa de dous párrocos, Francisco Martínez Sánchez “ Pacurri” e Atilano Maciñeira, e do grupo de mozos e mozas que forma parte da asociación. Outro sacerdote, Salustiano Pedre, xoga tamén un papel relevante nos primeiros anos da revista.

Desde un primeiro momento a publicación convértese en portavoz do pobo de Cariño, recollendo as súas reivindicacións por un Concello propio, as loitas a favor dun instituto de secundaria… así como dos acontecementos que teñen lugar durante lestes anos (actividades culturais, deportivas e mesmo bautizos, matrimonios ou defuncións).

A publicación distribuíase polas parroquias pero tamén por Galicia e mesmo unha parte importante da súa tirada enviábase aos veciños e veciñas de Cariño que estaban emigrados en Francia, Suíza, Inglaterra.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.