Iluminarase de cor verde a glorieta naronesa de Freixeiro con motivo do Día Mundial do Paciente Ostomizado

A rotonda permanecerá iluminada durante toda a fin de semana para visibilizar esta realidade que afecta e limita a moitas persoas
119515131_2741934629397258_8541084181954782491_o

Narón iluminará esta fin de semana a glorieta de Freixeiro de cor verde con motivo do Día Mundial do Paciente Ostomizado.

O concelleiro de Sanidade, Santiago Galego, indicou que o Consistorio se adhire deste xeito ao chamamento realizado dende as asociacións rexionais do colectivo e a propia Federación Española de Municipios e Provincias para «dar maior visibilidade a esta realidade e axudar ás persoas afectadas por esta operación a reincorporarse á vida activa a pesar das limitacións persoais que conleva este proceso e que fan que teñan que superar no seu día a día unha serie de barreiras».

Galego indicou que aínda que o Día Mundial do Ostomizado é o 3 de outubro, a glorieta permanecerá iluminada durante toda a fin de semana. A ostomía, tal e como recordaron dende o colectivo, é un orificio de saída artificial que practica un cirurxán na parede abdominal debido a diferentes diagnósticos para facilitar a saída ao exterior dos produtos de desfeito do organismo, un procedemento que deixa nos pacientes secuelas físicas e tamén emocionais en moitos casos.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.