A Deputación da Coruña volve colaborar co Goberno de España na distribución dun novo lote de 117.000 máscaras, que irán destinadas aos concellos con menos de 20.000 habitantes da provincia e que se empezarán a repartir durante os próximos días.
Con este novo lote, a Deputación alcanza a cifra de 600.000 máscaras repartidas entre os municipios coruñeses, das que 400.000 chegaron do propio ente provincial e o resto foron fornecidas polo Goberno. Nesta ocasión priorizarase a repartición entre o persoal dos centros educativos e colectivos vulnerables, de acordo ás necesidades e criterios dos propios concellos.
O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, destacou a importancia da colaboración entre as administracións para facer fronte ás consecuencias da pandemia. Pola súa banda, a subdelegada do Goberno, Pilar López-Rioboo agradeceu a colaboración do organismo provincial neste novo envío.