Miriam Casillas acadou un importante sétimo posto na Copa do Mundo de Karlovy Vary despois de conseguir chegar ó quinto mellor parcial a pé. Despois de rematar a natación entre as 15 primeiras, a internacional do Triatlón Ferrol rodou os 40 km de ciclismo nun segundo pelotón con posibilidades de baixarse a correr optando ao top-10 da proba.
Chegada á segunda transición encabezando o seu grupo, a triatleta de Badaxoz volveu ter boas sensacións no segmento de carreira, nunha xornada dunha calor abafante e con moitas retiradas. Completando os 10 km nun tempo de 36:27, Miriam Casillas conseguiu cruzar a meta en sétimo lugar e con opción ata o final de superar a Laura Lindemann, top-3 no campionato do mundo e sexta este domingo na República Checa. «Por fin me he sentido yo», declarou a triatleta do club ferrolán.