Miriam Casillas fase co bronce no primeiro campionato de España posconfinamento

A olímpica do Triatlón Ferrol quedou na terceira posición a pesar de ser sancionada con dez segundos tras montarse na bicicleta antes de tempo
IMG-20200823-WA0003

Miriam Casillas sumou unha nova medalla de campionato de España ao facerse co bronce este domingo en Pontevedra. Nun formato contra o reloxo obrigado polo distanciamento social, a olímpica do Triatlón Ferrol marcou uns parciais de natación e ciclismo que a sinalaban como unha das mulleres a seguir e no último segmento a pé estivo especialmente forte.

De tódolos xeitos, meteulle máis presión contra o cronómetro o feito de terse montado na bicicleta antes da liña de montaxe e ser sancionada con 10 segundos por esa infracción. «Agora prepararei a tope Hamburgo», adiantou unha Miriam Casillas que quedou con ganas de poder render máis neste campionato de España pero que se centra en probarse contra as mellores do mundo na primeira das Series Mundiais do ano, que a Federación Internacional anunciará en breve que será designada Mundial a un día, ao igual que a proba de relevos mixtos que xa está previsto que reparta ese título.

Nas categorías de base, a Escola Javi Gómez Noya cumpriu grazas aos resultados dos cadetes Alejandro Rodríguez 6º , Hugo Prida 14º, Rubén Morado 102º, Sabela Caneiro 32ª e María Novo 36ª e os junior Jorge Morado 20º e David Campos 43º. Ademais, Pablo Pedrosa logrou ser 5º no grupo de 20 a 24 anos, Antonio Rodríguez 24º -25 a 29 anos-, Luis Rilo 20º -35 a 39 anos- e Juanchi González -10º -45 a 49 anos-.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.