O baloncesto ferrolán masculino soña con volver a facerse un oco entre os máis grandes

O CBCA busca chegar ata o máis alto tras acadar o ascenso á Liga EBA, polo que solicita o apoio incondicional da afección para conseguilo mediante unha recaudación de fondos "especial"
CROWDFUNDING2

«Ás veces os soños fanse realidade, pero son difíciles de levar a cabo. A calor da xente e o empeño realizan milagres que non creriades posibles, esa é a nosa esperanza.» Estas son as palabras que o BBCA dedícalle a todas aquelas persoas que confían unha vez máis no baloncesto de Ferrol e que, coa súa axuda, poden levalo ata o máis alto.

O ascenso a Liga EBA

Pasaron xa catro anos dende que o mítico CD Recimil e o Baloncesto Base Costa Ártabra fusionáronse para converterse no que hoxe se coñece como o Club Baloncesto Costa Ártabra, un equipo que tras varias tempadas de loita na Primeira Divisón Galega por fin conseguiu acadar a Liga EBA. Ademais, contan con outro senior feminino aínda en Primeira División Galega e 26 equipos de base en todas as categorías tanto femininas como masculinas, onde poder inculcar os valores deste marabilloso deporte que é o baloncesto, a ética e o traballo en equipo.

Este ascenso acadado o ano pasado é un pequeno pero importantísimo paso a sumar para chegar ao obxectivo final, facer do baloncesto local un soño nacional. Porque ese soño rematou hai uns anos coa despedida do emblemático O.A.R do panorama baloncestístico español, pero da man do CBCA esperemos que teña unha segunda oportunidade, aínda que non poderán cumprilo sós.

Crowfunding ou recaudación de fondos

Dende o Club Baloncesto Costa Ártabra creouse fai uns días un proxecto Crowfunding que, para que non o coñeza, consiste nunha recaudación de fondos, en unir forzas entre todas as persoas, sexan afeccionados ou simplemente amantes deste deporte, que co seu gran de area queran contribuir a esta escalada conxunta dándolle un empurro final ao equipo ata o máis alto. Aínda así, para brindar o apoio que necesitan hai diferentes maneiras de facelo e recompensas que recibir.

Dende afeccionados ata empresas

A primeira forma de financiación é a de 20 euros chamada «Apoyo al Club», coa que o equipo ferrolán en mostra de agradecemento recompensará á persoa interesada cunha foto do plantel da tempada 2020/2021 coa firma de cada xogador.

A seguinte, «Fan Incondicional», ten unha inversión superior de 25 euros, coa cal recibirase a maiores da fotografía firmada unha pulseira que represente ao conxunto,

Xa aumentando un pouco máis os prezos atopámonos co «Poster BBCA», unha aposta de 40 euros coa que, como ben indica o seu nome, poderase conseguir – a maiores da fotografía e a pulseira- o poster do plantel que debutará en EBA na tempada 202/2021.

«Camiseta BBCA» e a seguinte das opcións por 60 euros, onde poderás animar desde a grada ao equipo vestindo as mesmas cores que as que representarán os xogadores na cancha. En caso de querer recibila no propio domicilio dase esa posibilidade sen ningún gasto a maiores.

A última oferta para os afeccionados está por un valor de 80 euros, a «Sudadera BBCA», coa que poder conseguir esta peza de roupa  a maiores da camiseta para poder acudir ao pavillón uniformado coma un xogador máis.

E xa unha proposta especializada nos patrocinadores atópase a «Especial Empresa: Patrocinador», coa que por 250 euros calquera negocio que o desexe poderá formar parte da sección especial de patrocinadores que posúe o club, con un apartado específico para cada un deles na páxina web do conxunto –www.cbbcostaartabtra.es– e no cartel semanal do club que se distribúe por toda Ferrolterra e tamén de maneira online. Ademais. cada semana mediante as diferentes redes sociais do equipo farase referencia a unha empresa patrocinadora, para que non só sexa o equipo o que acade o maior éxito posible.

 

Publicidad
Xeoparque Cabo Ortegal
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.