O BAXI Ferrol inicia a campaña «Disfrutar del camino»

O club ferrolán é o de maior respaldo social da categoría, chegando a tempada pasada preto dos mil cen seguidores
BAXI Ferrol
BAXI Ferrol

O BAXI Ferrol decidiu poñer en marcha a nova campaña de abonados baixo o lema “Disfrutar del camino” coa intención de seguir contando cun bo respaldo dos seus afeccionados, nunha tempada cuxo principal obxectivo é retornar á liga Endesa.

Este luns 29 de xuño iniciouse a campaña e nas dúas próximas semanas, tanto os que queiran renovar o seu abono como os que se queiran dar de alta poderán facelo os luns, martes e xoves, entre as 19:00 e as 21:00 horas, no local da Sociedade San Carlos, enfronte o pavillón de Esteiro. Cambiouse a localización debido a especial situación que estamos a vivir fronte ao COVID-19, optando por este local máis accesible.

Cabe destacar que unha das novidades da campaña é que os abonados do ano pasado poderán beneficiarse dun desconto do 30% no seu recibo se levan a un novo abonado da súa categoría ou superior.

Dadas as restricións nas instalacións deportivas polo Covid 19, polo momento non se asignarán asentos aos abonados, pero cando as autoridades permitan ter unha maior ocupación do pavillón da Malata os abonados que agora realicen a súa renovación ou un alta terán prioridade á hora de escoller sitio no recinto deportivo.

Os prezos que rexerán esta campaña son os seguintes: o abono Familiar (dous adultos) 90 euros máis 5 euros por neno; o Individual cun prezo de 70 euros máis 5 euros por neno; o Familiar Club (dous adultos para nenos que pertenzan á canteira do club) 60 euros e 5 euros por neno ; e finalmente o Xuvenil (De 16 a 25 anos) cun custo de 35 euros.

 

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.