O CHUF amplía o departamento de bioloxía molecular encargado de analizar as probas do Covid-19

Este laboratorio pasará a funcionar en dúas quendas, de mañá e de tarde, de luns a domingo con novos técnicos e especialistas
Ampliación Micro 3

O laboratorio de Microbioloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol ampliouse para acoller un espazo dedicado exclusivamente á Bioloxía Molecular, departamento deste laboratorio que é o que se está a encargar da xestión de probas relacionadas co coronavirus Covid-19.

Segundo o xefe do Servizo de Microbioloxía, Andrés Agulla, “era moi difícil xestionar o actual volume de mostras relacionados con este novo virus nos espazos que ordinariamente se dedican a isto, porque son pequenos. Manifestamos á xerencia a necesidade de facelo, e dende o persoal de mantemento ata xestión, informática, dirección, e o persoal do propio laboratorio colaborou activamente; a resposta foi moi rápida, en tres días tiñamos a nova área adaptada”.

Habilitouse un espazo, con mesados, compráronse equipos de centrifugado, frigorífico, baño termostático e axitador. “Hai que agradecer tamén ó IDIS (Instituto de Investigación de Santiago de Compostela) o préstamo de dúas cabinas de fluxo laminar que se suman á que xa había no laboratorio; e algún material de IES Leixa de Ferrol”, explica o responsable. Os equipos extractores de Ácido Ribonucleico e outras máquinas para realizar as probas trasladáronse tamén a este novo ámbito dende o seu habitual.

Este cambio tamén conleva tamén máis horas de traballo e análise. Se ata agora se analizaban as probas de luns a sábado en horario de mañá, agora se fará de luns a domingo pola mañá e pola tarde. Isto requireu incorporar a tres novos técnicos de laboratorio, algúns dos técnicos especializouse neste ámbito, e reforzouse o horario dos microbiólogos. Un total de 14 profesionais dedícanse só a esta cuestión, nas distintas quendas.

Neste laboratorio xestiónanse as probas Covid procedentes da hospitalización e das urxencias, tanto de profesionais como de pacientes; as que chegan dos equipos que recollen as probas en domicilio e centros sanitarios; e as que se recollen no Punto Fixo establecido no Hospital Novoa Santos, para que as persoas acudan no seu propio automóbil. Ata hoxe, o número de PCR realizadas ata o de agora na Área Sanitaria de Ferrol é de 3.368.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.