O Concello de Ferrol e a AXF firman un convenio de colaboración

A Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra recibirá un importe de 27.000 euros para seguir mantendo o servizo de interpretación de lingua de signos
AXF

O alcalde de Ferrol, Ángel Mato, e a presidenta da Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra -AXF-, Teresa Gallo, firmaron esta mañá un convenio de colaboración de 27.000 euros para o mantemento do servizo de interpretación de lingua de signos.

Esta axuda forma parte do anexo de subvencións nominativas do Concello de Ferrol para este exercicio aprobado polo pleno municipal o pasado 27 de abril. Mato expresou tras rubricar o convenio o seu agradecemento polo labor que a entidade desenvolve desde hai anos na nosa cidade co fin de facilitar a vida das persoas xordas.

O alcalde sinalou especialmente o esforzo da asociación neste momento no que a pandemia presenta aínda maiores dificultades. Pola súa banda, Gallo indicou o seu agradecemento ao Concello de Ferrol polo seu apoio á entidade a través dunha subvención que se destinará ao servizo de interpretación da lingua de signos, moi necesario agora que o uso das máscaras «dificultan a nosa comunicación», expresou.

Publicidad
Xeoparque Cabo Ortegal
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.