O concello de Narón reforzará parte da rede de saneamento da estrada de Castela

Máis de 108.000 euros irán destinados para ampliar a capacidade hidráulica do entramado entre o Camiño do Pino e o parque de Freixeiro
Consello Administración de Cosma

Este mediodía do 23 de xullo celebrouse  no Concello unha reunión do Consello de Administración de Cosma,  na que participou a través de videoconferencia a parte privada da citada empresa mixta. Na sesión anunciouse a adxudicación da obra de reforzo da rede de saneamento na estrada de Castela, que suporá un investimento de 108.653 euros, tal e como anunciou a rexedora local.

Así mesmo, dende a administración local adiantaron que a previsión é iniciar os traballos a mediados do vindeiro mes de agosto para que nun prazo de tres meses poidan estar rematados. A actuación consistirá na renovación e ampliación da capacidade hidráulica da rede de saneamento localizada nun tramo da estrada de Castela, concretamente no comprendido entre o Camiño do Pino e o parque de Freixeiro e nunha das marxes, na dereita, en dirección dende o Concello cara a Freixeiro. A intervención consistirá na ampliación dos diámetros tanto da tubaría que se procederá a renovar como do colector instalado na zona.

Unha vez executados os traballos quedarían solventados os problemas que puntualmente se detectaban neste tramo da rede, debido ás sobrecargas que se rexistraban no colector en tempadas de choivas torrenciais. Con estes traballos beneficiaranse principalmente as vivendas localizadas no tramo, as máis próximas á estrada de Castela e as de todas as rúas perpendiculares desa mesma marxe.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.