O Racing abre as portas do clube a Pablo Rey e outros oito xogadores da actual plantilla

Todos eles remataban contrato no día de hoxe e o comunicado do clube xera incertezas sobre se conta ou non con algún deles para a próxima tempada
EWnZms4VAAYyyae

As intencións do Racing de Ferrol de facer unha reestruturación da plantilla e corpo técnico xa se viñan barruntando nas últimas semanas e o clube verdiblanco confirmouno hoxe nun comunicado oficial remitdo aos medios ás 22.00 horas no que agradece os servizos prestados a nove xogadores, entre eles o capitán ferrolán Pablo Rey.

A pasada semana xa trascendera que a xerencia do clube tomara a de decisión de non contar con todo o equipo técnico da pasada campaña, agás o entrenador Emilio Larraz e hoxe confirmouse que tamén o plantel sufrirá grandes cambios. O primeiro traspaso en facerse oficial foi o de Diego Garrido, do que xa se anunciou a súa marcha ao Somozas.

Ademáis do central, desde hoxe quedan desvinculados da Malata Pablo Rey, Adrián Armental, Marcos Álvarez, Diego Garrido, Joel López, Iker Rodellar, Raul Tavares, Miguel Villarejo e Juan Antonio. Todos eles rematan contrato este 30 de xuño e, segundo se desprende do comunicado do clube, dispoñen de liberdade para buscar novo destino futbolístico. A entidade racinguista deixa no aire a posibilidade de que se poidan negociar a renovación de algún de eles, aínda que moitos xiareiros entenden que o tono utilizado polo departamento de comunicación racinguista soa máis ben a despedida.

 

«Non sabemos se o mundo do fútbol vai seguir unindo nun futuro, mentres tanto, agradecervos o voso compromiso e profesionalidade durante as tempadas que vestistes a camiseta verde. A todos desexámosvos a mellor das sortes no voso futuro laboral e persoal», di o Racing de Ferrol no seu comunicado.

O clube tamén emitiu este comunicado nas redes sociais e a indigación dos afeccionados non tardou en facerse patente. Moitos deles criticaron as formas en que o Racing fixo este anunciou, sobre todo cando implica a unha lenda do clube como é Pablo Rey. Haberá que esperar uns días para que as fontes oficiais confirmen se trata dun comunicado formal polo fin do contrato destes xogadores ou se a intención do club é non contar con eles, definitivamente, de cara á próxima campaña.

Publicidad
Xeoparque Cabo Ortegal
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.