Os Racing de Ferrol xa coñece o calendario do curso futbolístico 20/21, que deu a coñecer hoxe a Real Federación Española de Fútbol. O seu primeiro rival será Pontevedra, que arrancará a liga en A Malata o próximo 18 de outubro. Este será só un dos cinco derbis galegos que xogará o equipo de Larraz esta tempada.
Os máis especiais para afección racinguista serán os que enfronten ao equipo verde co Depotivo, dúas datas marcadas en vermello no calendario. O primeiro deles será o 29 de novembro, na xornada 6, no Estadio de Riazor, mentres que a voltar será o 21 de febreiro, na xornada 15, cando o conxunto herculino visite o estadio da Malata.
A primeira fase de competición ten a súa última xornada o 21 de marzo, onde o Racing, de xogarse algo, farano contra Unionistas, en Salamanca. No calendario publicado pola RFEF haberá un descanso para Copa do Rey o 15 de novembro e outro, xa no mes de febreiro, por se se producen aprazamentos.
Neste novo formato de competición, o Racing poderá pelexar pola fase de ascenso a Segunda División, onde haberá catro prazas; por ascender á nova categoría Primera RFEF, coñecida como Segunda B Pro; ou xogar a liguiña para evitar o descenso a Terceira División.