O turismo activo será o motor para sair da crise cara a nova normalidade

AGETAN leva anos apostando pola integración e impulso do Turismo Activo no entramado turístico global, facilitando ferramentas e servizos ás empresas para a mellora da súa xestión
125838992_191208699173983_2684948640139246549_o

A Asociación Galega de Empresas de Turismo Activo, de Aventura e Natureza (AGETAN) leva anos apostando pola integración do Turismo Activo no entramado turístico global, facilitando ferramentas e servizos ás empresas para a mellora da xestión e fomentando os valores de cohesión, cooperación e solidariedade entre as empresas do sector.

Preto dun 10% das persoas que visitan Galicia realizan actividades de Turismo Activo, un tipo de turismo que xera un gasto medio maior durante a súa estancia e que ademais realizan un número de pernoitas superior á media. Estes datos reflicten un potencial estratéxico para o desenvolvemento desta tipoloxía turística, aínda que unha gran parte de quen nos visita descoñece aínda a ampla oferta de actividades de Turismo Activo que está á súa disposición ao chegar ao noso territorio.
Galicia conta cunha contorna natural e paisaxística única, que permite a práctica dun enorme abanico de actividades de Turismo Activo e de natureza nun espazo reducido.

AGETAN leva anos apostando pola integración e impulso do Turismo Activo no entramado turístico global, facilitando ferramentas e servizos ás empresas para a mellora da súa xestión

A recente crise sanitaria da Covid-19 coloca ao Turismo Activo como unha actividade estratéxica nos procesos de desescalada e volta á “nova normalidade”. Isto é así debido fundamentalmente a que este tipo de actividades minimizan o risco, xa que se realizan no medio natural – evitando os lugares pechados –, e é posible garantir o distanciamento físico xa que son actividades non masivas e cunhas cocientes de grupos reducidos.  Ademais, son actividades que facilitan o afastamento físico e ofrecen grandes garantías se se seguen os procedementos sanitarios correspondentes.

Para maior seguridade do turista activo, a Asociación Galega de Empresas de Turismo Activo, de Aventura e Natureza (AGETAN) impulsa e coordina o programa “Galicia Destino Seguro. Turismo Activo”, posto en marcha ao amparo do convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e AGETAN para a implementación da medida 24 do ‘Plan de Reactivación dos sectores culturais e turístico fronte aos efectos derivados da Covid-19.  O obxectivo do programa é prestar asesoramento e certificar ás empresas de turismo activo de Galicia que desenvolven os seus servizos con garantía de seguridade e hixiene, minimizando o risco fronte ao SARS-CoV-2.

 

É importante resaltar que este tipo de turismo representa un valor engadido ao clásico turismo de sol e praia, xa que pon en valor a natureza, a paisaxe e incluso a historia dos diferentes lugares da comunidade galega e a experiencia tamén xera un valor engadido no turista que a vive. Tamén o propio territorio pode beneficiarse desta tipoloxía de turismo, xa que o Turismo Activo e de aventura demostrou que axuda a redescubrir moitos lugares esquecidos, especialmente no interior de Galicia, a vertebrar o territorio e a dinamizar zonas menos poboadas da comunidade.

Asimesmo, contribúe á conservación do medio ambiente nestas zonas e obriga ás administracións a facer maiores esforzos para facelo. Outro aspecto fundamental do turismo activo, especialmente neste contexto de crise económica, é que está composto por pemes e micropemes locais, que xeran emprego. e riqueza nas súas áreas e, ademais, tamén xera un maior gasto por parte dos usuarios que o turismo clásico.

De feito, tal e como mencionábamos antes, os números avalan que o Turismo Activo está en boga. O pasado ano os españois desembolsaron un total de 1.152,8 millóns de euros a viaxes nos que o deporte era a principal motivación e que, ademais, aumentou o gasto das viaxes efectuadas dentro de España en comparación con destinos exteriores. Se en 2018, investíronse 712,5 millóns de euros ás viaxes deportivas dentro do noso país, esta cantidade incrementouse en 2019 a 824,6 millóns de euros, é dicir, un 15,73% máis.

O Turismo Activo posee un valor engadido ao clásico turismo de sol e praia, xa que pon en valor a natureza, a paisaxe e incluso a historia e a cultura dos diferentes lugares da comunidade galega

Outro dato a ter en conta é que, según os datos do Anuario de Estadísticas Deportivas, o Turismo Activo é un dos que xera un maior gasto dos viaxantes, concretamente 170 euros por día, un importe que supera ás viaxes de estudos (93 euros), para visitar a familiares (99 euros), para ser traballador estacional temporero e por motivos relixiosos (111 euros) e aos tradicionais desprazamentos de sol e praia (137 euros). Ademais, o turista activo ten unha estancia superior á media -10,2 días fronte a 9,5- o que significa que gastan máis en aloxamento, en transporte, en alimentación e en lecer en xeral.

Se unimos todos estes elementos, podemos concluír que o Turismo Activo non só pode converterse nun elemento estratéxico de saída da actual crise sanitaria, senón que ademais pode ir máis aló, converténdose nun factor crave para a diversificación turística e avanzar no camiño cara á sustentabilidade da nosa oferta.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.