Os días 15 e 16 de agosto tivo lugar no areal de Pantín o Open Rexional Gallego, unha fin de semana repleta de bo surf antes da chegada do Abanca Pantín Classic Galicia Pro 2020 . Os dous primeiros clasificados en categoría masculina e feminina conseguiron os tan ansiados Wildcards que lles abrirían as portas ao ABANCA PANTÍN CLASSIC GALICIA PRO 2020.
En categoría masculina, Gony Zubizarreta conseguiu o primeiro Wildcard, seguido por Enrique Conde. Doutra banda, en categoría feminina, o primeiro foi para Martina Álvarez, e o segundo para Isa Gundín. A acción continuará este luns 17, co ABANCA SURF ADAPTADO, reunindo aos 12 mellores surfeiros europeos na súa categoría, desde as 11:00 horas na praia de Pantín, Valdoviño, A Coruña, Galicia.
Abanca Pantín Classic Galicia Pro 2020
A presentación oficial do ABANCA PANTÍN CLASSIC GALICIA PRO 2020, terá lugar ás 17:30 horas á que acudirá Manuel Vila, Secretario Xeral Técnico da Consellería de Cultura e Turismo, Raúl Rodríguez, en representación de ABANCA, Alberto González, Alcalde de Valdoviño e Marcos Rodríguez, director do evento, entre outros patrocinadores e colaboradores do evento. A pesar da actual crise sanitaria esperan que a afluencia de persoas sega a ser notoria, pero sen esquecerse en ningún momento das medidas de seguridade estipuladas e de manter a distancia social obrigatoria para evitar novos contaxios.