Un dos retos do turismo activo: a sustentabilidade ambiental

AGETAN ofrece ás súas empresas asociadas asesoramento e protocolos co fin de preservar e conservar o medio natural e reducir a pegada ecolóxica
g11_p9__DSC02fsfs95

O constante crecemento do turismo activo representa tamén un reto á hora de conxugar as actividades deportivas ou de aventura que demandan os viaxeiros coa preservación do medio rural.  As novas tendencias do mercado turístico, no que se empeza a demandar unha tipoloxía de turismo con implicación directa do viaxeiro no medioambiente, contribúe a valorar a contorna, pero se non se fai responsable, córrese o risco de destruílo.

Enténdese por empresas de turismo activo aquelas que realizan, baixo o respecto ao medio rural e ao medio ambiente, actividades turístico-deportivas e de lecer que se practiquen servíndose basicamente dos recursos que ofrece a propia natureza no medio no que se desenvolven.

Por iso, entidades como a Asociación Galega de Empresas de Turismo Activo e Natureza (AGETAN) teñen entre as súas misións o desenvolvemento de actividades e proxectos educativos, de protección e coidado de medio ambiente. A entidade ofrece asesoramento e protocolos ás empresas adheridas co fin de preservar e conservar o medio natural e reducir a pegada ecolóxica no desenvolvemento dos servizos das empresas do sector.

O Ecoturismo, cuxa “prioridade é contribuír á conservación do espazo natural” repercutindo positivamente na poboación local, preséntase como unha das tendencias máis importantes dos últimos anos. O Ecoturismo e o Turismo Activo preséntanse como dúas caras da mesma moeda e unha das maiores garantías que existen para preservar o medio natural son certificacións que outorga a Unión Europea a través da Carta Europea de Turismo Sostible, a Rede de Geoparques, a Rede de Reservas da Biosfera e, pronto, pola Rede Natura 2000.

Por iso, á hora de contratar calquera actividade, é fundamental saber se a empresa que vai prestarnos este servizo cumpre con todas as certificacións que a acreditan como unha empresa responsable co medio ambiente.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.