Unhas finais cheas de emoción ata o final na que foi a última xornada do Campionato de España de Surfing en Valdoviño. Os campións de España en categoría absoluta decidíronse cun surf de calidade excelente por parte de todos os competidores que estiveron presentes.
Os absolutos, tanto masculino como feminino, ofreceron un espectáculo para sacarse o chapeu e onde as evaluacións do xurado así o plasmaron, tras poder presenciar unha onda de dez por parte de Garazi Sánchez e cinco por encima do 9, excelentes, por parte dos surfeiros Luís Díaz, Nadia Erostarbe, Andy Criere e Vicente Romero.
Categoría sub-18
O venres 4 de setembro comezábase a quentar motores na praia da Frouxeira de Valdoviño despois de que dera comezo as mangas da categoría sub-18 e as primeiras de surf feminino.
En canto á categoría feminina, a campioa sería a canaria Melania Suárez, a cal se fixo cunha puntuación total de 12,15, proclamándose así como a primeira delante de Julia González, Mikele Beato y Alicia Takahashi.
Pola outra banda, no sub-18 masculino os canarios tamén amosaron a súa gran destreza enriba da tabla, onde Moisés Domínguez representou a súa comunidade con moito orgullo tras recibir unha puntuación de 16,05 puntos, impoñéndose a Adur Amatriain, Néstor García e Bitor Garitaonandia.
Categoría Máster
Na categoría máster viviuse unha final onde surfeiros consagrados regalaron un espectáculo no que levaría o gato á auga o incombustible Pablo Solar. O podium completaríano o local Luís Rodríguez, Dani García e Miguel Perdiz.
Final feminina
Nadia Erostarbe sería quen se proclamaría nova campioa de España en surf feminino unha final con moito sabor vasco na que unha das mellores do campionato, Garazi Sánchez, subiríase ao caixón como subcampioa de España por diante de Melania Suárez e Janire González Extabarri.
Final masculina
Na gran final de categoría open masculino, o canario Luís Díaz mostraríase intratable ante os seus opoñentes con dúas ondas de 9,50 e 9,33. Así foi como o canarión impúxose nunha final na que nos últimos minutos Vicente Romero encargaríase de darlle emoción pero que non sería suficiente para arrebatar o primeiro posto a Díaz. O caixón na categoría masculina completaríano tras Luís Díaz; Vicente Romero, Andy Criere e o novísimo Adur Amatriaín, unha das grandes sensacións de toda a competición.
Protocolo anti-Covid e entrega de premios
No referente a todo o relacionado coa Covid-19, o Campionato de España de Surf 2020 mostrou a súa mellor cara despois de que a organización amosara en todo momento unha seguridade e protección implacables contra a Covid-19 respectando a raxatabla todos protocolos de seguridade marcados durante toda a competición.
A entrega de premios, grazas a concello de Valdoviño, foi o peche da competición que festexaba os 20 anos da Federación Española de Surfing e levou a cabo por parte de Ibon Amatriaín, Julia González, Gony Zubizarreta e Carlos García, presidente da institución.