25N en Galicia: estas son as mobilizacións convocadas contra a violencia machista

As mobilizacións terán lugar en cidades e vilas de todo o territorio galego
Brión inicia los actos de conmemoración del 25N
Brión inicia los actos de conmemoración del 25N

Galicia volverá saír á rúa este 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, con concentracións en numerosas localidades convocadas pola Marcha Mundial das Mulleres. O colectivo chama a participar masivamente para denunciar a violencia machista e reivindicar políticas públicas máis eficaces para protexer ás vítimas.

As mobilizacións terán lugar en cidades e vilas de todo o territorio galego, nunha das xornadas máis importantes do calendario feminista. Este é o mapa completo das concentracións do 25N en Galicia:

Concentracións do 25N convocadas pola Marcha Mundial das Mulleres

  • A Coruña: 20:00 h – Obelisco
  • As Pontes: 20:30 h – Praza do Hospital
  • Betanzos: 20:00 h – Praza do Campo
  • Carnota: 18:30 h – Praza da Pedra
  • Chantada: 20:30 h – Praza do Cantón
  • Compostela: 20:00 h – Praza 8 de Marzo
  • Marín: 20:00 h – Praza 8 de Marzo
  • Melide: 20:00 h – Praza do Convento
  • Narón: 19:00 h – Praza da Gándara
  • O Porriño: 20:00 h – Praza do Concello
  • Ourense: 20:00 h – Castañeira (San Lázaro)
  • Ponteceso: 20:30 h – Prada do Recheo
  • Pontedeume: 20:00 h – Praza do Concello
  • Pontevedra: 20:00 h – Praza da Peregrina
  • Ribadavia: 20:00 h – Praza da Madalena
  • Ribadeo: 19:00 h – Praza 8 de Marzo
  • Vilagarcía: 20:00 h – Praza de Galicia
  • Vilalba: 20:00 h – Praza da Constitución
  • Vigo: 20:00 h – Vía Norte
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.