Así é a nova camisola da Selección Galega de fútbol

O celtista Borja Iglesias presentou este martes a nova equipación no centro comercial Gran Vía de Vigo
Presentación da nova camisola da Selección Galega de fútbol
Presentación da nova camisola da Selección Galega de fútbol

O centro comercial Gran Vía de Vigo acolleu este martes a presentación da nova camisola da Selección Galega de fútbol. O acto contou coa presenza do dianteiro do RC Celta, Borja Iglesias, unha das caras visibles da Real Federación Galega de Fútbol (RFGF).

O novo deseño, obra de Adidas e Fútbol Emotion, presenta unha base branca e un estilo sobrio e clásico, no que destacan finas liñas e detalles en azul celeste, cores vencelladas á identidade galega. “Guau, encántame!”, exclamou o compostelán Borja Iglesias ao ver a camisola en primicia.

O evento converteuse nun punto de encontro no que os afeccionados puideron conversar e sacarse fotos con Iglesias, así como co exgardameta celtista Sergio Álvarez.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.