Despóis do dó: pasos legais tralo pasamento dun familiar

A avogada Elisa María Lago Moire explícanos os trámites máis importante que hai que realizar trala morte dun familiar e os nosos dereitos

Tendemos a evitar todos os temas relacionados coa morte porque cremos que aínda se atopa moi afastada ou, sinxelamente, porque non queremos afrontala aínda como unha realidade á que algún día verémonos abocados. A cousa agrávase cando falece un ser querido, un momento doloroso ao que teremos que plantarlle cara non só desde un punto de vista psicolóxico, senón tamén legal.

Estamos a referirnos a eses trámites que teñen lugar xusto despois, o mesmo día e os sucesivos nos que, lonxe de vivir o duelo tranquilamente, verémonos obrigados a realizar unha gran cantidade de xestións burocráticas.  Desde o bufete Lago Moire queren axudar aos usuarios para que coñezan os seus dereitos cando falece o seu familiar. Estes son trámites máis importantes que hai que realizar.

Certificado de defunción

Ocorrido o falecemento, o certificado de defunción expedido por un médico preséntase no Rexistro Civil do enderezo do falecido. Só unha vez practicada a inscrición da norte expedirase a licenza para o seu soterramento. Desta xestión encargarase a compañía de seguros que tivera contratada o falecido ou a funeraria no caso de contratar os seus servizos.
Pasadas 24 horas dende o falecemento, poderase facer una solicitude do certificado literal da defunción ó Rexistro Civil. É convinte solicitar máis dun certificado de defunción xa que serán necesarios para diversos trámites posteriores.

Certificado de Actos de Derradeira Vontade e certificado de contratos de seguros

Transcorridos 15 días hábiles dende o seguinte o falecemento deberase solicitar o Certificado de Actos de Derradeiras Vontades e o certificado de contratos de seguros na Xerencia do Ministerio de Justicia, podendo solicitarse a través da súa páxina web si se dispón do certificado dixital ou DNI electrónico. Na situación actual de pandemia a obtención destes certificados ten bastante atraso.

O certificado de Actos de Derradeiras Vontades é o documento que acredita si unha persoa morreu tendo outorgado vontade (testamento) ou, polo contrario, sen el. No caso de que o falecido outorgase vontade (testamento), no certificado constará o nome de Notario autorizante do mesmo, a fin de que se poda solicitar copia do mesmo e coñecer a derradeira vontade do testador. De ter outorgado varios testamentos será válido o derradeiro de eles. De non ter outorgado testamento, os herdeiros legais do falecido deberán tramitar un expediente de Declaración de Herdeiros abintestato.

Este é un documento imprescindible para calquera sucesión e na actualidade tamén o é o certificado de contratos de seguros, que se obtén pola mesma vía e que nos dirá se o falecido contaba con algún seguro de vida ou accidentes. Para a obtención de sendos certificados deberase contar co Certificado Literal de Defunción, que deberá ser orixinal ou compulsado, e Xustificante do abono da taxa.

Imposto de Sucesións e Plusvalía municipal

Dentro do prazo de 6 meses dende a data de falecimento haberá que liquidar o correspondente Imposto de Sucesións. Este tributo de ámbito autonómico grava a adquisición de bens e dereitos por herdanza, legado, o calquera outro título sucesorio.

Debemos destacar que aínda que na nosa Comunidade Autónoma non se pague actualmente se o caudal hereditario non sobrepasa o millón de euros, sempre se debe de presentar, ou incluso no suposto de que o falecido non teña bens nin dereitos que transmitir é obrigatorio que os herdeiros presenten a declaración deste imposto.

Este non é un mero trámite fiscal pois os valores que indiquemos no mesmo e porcentaxes refiramos que recibe cada herdeiro o legatario nos vinculará para as decisións que tomemos posteriormente respecto dos bens da herdanza e o seu reparto.

Outro imposto que haberá que liquidar no suposto de recibir bens inmobles ubicados en certas localidades é o Imposto sobre o incremento dos Bens de Natureza Urbana coñecido tamén como plusvalía municipal. Non todos os Concellos aplican este imposto.

Adxudicación ou renuncia á herdanza.

As persoas chamadas a recibir unha herdanza terán a opción de aceptala ou rechaza-la (repudia-la). Este trámite non está suxeito a prazo algún, é un acto individual e non precisa da intervención dos demais coherdeiros.

A aceptación da herdanza non poderá facerse en parte, a prazo, nin condicionalmente. É dicir, non podes aceptar unha parte da herdanza e rexeitar outra (as débedas, por exemplo), polo que é algo que se deberá analizar antes incluso de ter liquidado o imposto de sucesións polas repercusións que o aceptar a herdanza nos pode supoñer, pois polas débedas do falecido responderiamos no só cos bens herdados no seu caso senón tamén co noso propio patrimonio.

 

Elisa María Lago Moire. Avogada Colexiada 3717 ICACOR.

www.lagomoire.com

Salir de la versión móvil