O sindicalista Moncho Reboiras, asasinado polo franquismo, xa ten unha estatua en Compostela

O militante nacionalista, asasinado en agosto de 1975 pola policía franquista, ten a súa homenaxe na céntrica Carreira do Conde
A estatua adicada a Moncho Reboiras en Carreira do Conde, en Santiago.
A estatua adicada a Moncho Reboiras en Carreira do Conde, en Santiago.

A cidade de Santiago de Compostela conta xa cun novo símbolo de memoria histórica: unha estatua en homenaxe a Xosé Manuel Reboiras Noia, coñecido como Moncho Reboiras, sindicalista e dirixente nacionalista asasinado pola policía franquista en 1975.

A escultura, situada na céntrica Carreira do Conde, foi inaugurada nun acto institucional presidido pola alcaldesa, Goretti Sanmartín Rei, quen destacou o compromiso da cidade coa recuperación e difusión da memoria democrática. A rexedora puxo en valor o papel activo da cidadanía neste proceso e a importancia de manter viva a lembranza das persoas represaliadas pola ditadura.

PUBLICIDAD

Unha obra artística aberta á cidadanía

A obra, realizada polo escultor Carlos Fernández en colaboración coa artista Cuqui Piñeiro, representa a Reboiras a tamaño real e en movemento, cunha presenza próxima á xente. A iniciativa partiu da Comisión Organizadora das Homenaxes e contou coa doazón da Fundación Moncho Reboiras.

No acto participaron representantes do nacionalismo galego, xunto con persoas da cultura e veciñanza, que quixeron acompañar esta homenaxe ao mozo de Dodro, morto con só 25 anos nunha acción da Brigada Político-Social en Ferrol nos últimos anos do franquismo.

Críticas do PPdeG pola instalación da estatua

A instalación da estatua non agradou ó Partido Popular: o portavoz municipal, Borja Verea, cuestionou a decisión do goberno local ao considerar que “rompe o consenso” existente arredor dos recoñecementos públicos.

Segundo explicou, o executivo formado por BNG e Compostela Aberta estaría a impoñer unha visión ideolóxica no espazo público, utilizando a cidade como ferramenta política. Verea cualificou a medida como un “erro político e institucional de fondo”, sinalando que o problema non reside só na figura homenaxeada, senón tamén no procedemento empregado.

PUBLICIDAD
PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.