O xornalista viveirense Ramón Pernas recibirá o próximo mércores o premio José Luis Alvite

Será no Teatro Pastor Díaz e o Concello invita aos veciños da vila a arroupalo na concesión deste premio da Asociación de Periodistas de Galicia
Ramón Pernas
Ramón Pernas

O Concello convida á veciñanza a acompañar ao xornalista viveirense Ramón Pernas o próximo mércores, 3 de maio, no acto de entrega do Premio José Luís Alvite que lle concede a Asociación de Periodistas de Galicia -APG-.

A cita, que terá lugar no Teatro Pastor Díaz ás 19:00 horas, contará coa presenza do Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidade, Román Rodríguez González, da alcaldesa, María Loureiro, xunto á presidenta da APG, María Méndez, e directivos da entidade. A entrega destes prestixiosos galardóns, que alcanzan a súa oitava edición, será conducida pola xornalista Juana Carrera.

O xurado do Premio José Luis Alvite concedeu ao periodista, escritor e crítico literario Ramón Pernas esta distinción “pola súa longa e brillante traxectoria como articulista e columnista, ademais de ter exercido durante décadas, con éxito, o oficio de xornalista nas súas máis diversas vertentes, incluídos varios cargos de responsabilidade en medios de comunicación”.

“Viveiro ten moito que agradecer a Ramón Pernas. No seu labor a prol da vila promovendo iniciativas culturais, cos seus artigos e cos seus libros, sempre ten presente a nosa vila exercendo de perfecto embaixador do noso. Por iso creo que é xusto que tamén os veciños e veciñas da vila arroupemos a Ramón e desfrutamos ao seu lado deste día tan especial para el”, subliña a alcaldesa María Loureiro.

Publicidad
Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.