Volve descender o número de casos activos por Covid tras case dúas semanas sen evolución

Son 571 as persoas que xa pasaron oficialmente o coronavirus nas comarcas, aínda que o primero estudo de serprevalencia do Sergas calcula que houbo uns 1.100 infectados
92456522_2883321901763946_5679398674711445504_o (1)

A área sanitaria de Ferrol conta actualmente con 11 casos por Covid-19, tras case dúas semanas sen evolución e un estacamento en 12 persoas contaxiadas. Desde o pasado 12 de xuño só se rexistraron dous casos novos, pero non foi ata hoxe que se produciu o primeiro descenso no número de activos segundo os datos facilitados polo Sergas.

A boa nova é que durante todo este tempo os hospitais de Ferrol seguen libres de pacientes contaxiados e todos os casos foron leves e fixeron illamento doméstico. Así, a día de hoxe o número de persoas que xa superaron o virus é agora de 571 nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal e obtiveron a alta epidemiolóxica.

O primeira parte estudo do Sergas sobre seroprevalencia nas tres comarcas, indicaba que aproximadamente 1.100 persoas xa superaran o coronavirus, polo que se calcula que algo máis dun 40% foron casos asintomáticos. A segunda parte desde estudo realizado pola Xunta e o Instituto Galego de Estatística, no que se fixeron test a máis de 3.000 persoas da zona, publicarase nos próximos días.

O último falecemento por Covid-19 produciuse o 9 de maio, polo que o número de vítimas mortais nas comarcas é de 33 persoas, entre os que faleceron nos centros de maiores e nos hospitais de Ferrol.

 

Publicidad
Xeoparque Cabo Ortegal
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.